tag:blogger.com,1999:blog-2406642311614571364.post588659152808012928..comments2017-07-24T09:46:31.775+02:00Comments on electroduendes: Ya ha llegado la Navidad.AntoAng2http://www.blogger.com/profile/01157504507230074973noreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-2406642311614571364.post-36088779391726893732010-09-20T10:30:00.222+02:002010-09-20T10:30:00.222+02:00Fa uns anys em van dir indrúvida passejant per San...Fa uns anys em van dir indrúvida passejant per Santiago de Compostela. Aquí t'envio el manifesto indrúvido per si et serveix per il·luminar el teu camí en aquest punt de foscor on et trobes. hahahaha
Es en gallec però s'entén prou bé.
Pensa que es un manifest de l'edat mitjana però continua sent molt actual.
Endavant!!!!!

MANIFESTO INDRÚVIDO
Sentade, camaradas, ao redor da cacharela indrúvida, da lumeirada que acolle a todos os
seres que desexen facer do mundo unha festa. Unha festa á que non se chega por doadas
corredoiras.
Quixeron apropiarse o mundo e o mundo non é deles, o mundo non é de ninguén porque
os indrúvidos non cremos en amos nin en deuses, os indrúvidos cremos na liberdade coa
forza dun grelo que rebenta e rompe a terra para medrar no aire e baixo a única luz do
sol que o alumea.
Os indrúvidos non queremos vivir na escuridade: queremos leiras sen cancelas nas que
esparexan as súas labaradas de endorfinas os nosos espíritos sen límites.
E esta frela de camiñarmos co único guieiro da verba liberdade é a que nos di que
tampouco debemos confiar nos que prometeron luz e só trouxeron candís de outrora:
estes só queren que sigamos vivindo acurrunchados na casiña coa claridade xusta para
ler os seus panfletos.
Nin os uns nin os outros se decataron aínda de que non teñen nada que facer. Que se
deixen de sécolas. Os indrúvidos non temos líderes e somos inapreixábeis. Zafémonos
das cadeas que os depositarios do poder disfrazan de grilandas de herbas frescas!
OS INDRÚVIDOS, POIS, SABEMOS
Que todos os intentos de construción, fracasaron.
Que todos os discursos, fracasaron.
Que todas as chamadas á cordura, fracasaron.
Que todas as sortes de razón, fracasaron.
Que todas as xerarquías, fracasaron.
Que todos os métodos de ensino, fracasaron.
E que aprender, con tanto fracaso acumulado, demostrou ser unha tarefa inútil.
E, POLO TANTO, PROPOMOS:
En troques de construción, deconstrución.
En troques de discursos, reversismo.
En troques de cordura, loucura.
En troques de razón, emoción.
En troques de xerarquías, redes.
En troques de ensinar, compartir.
En troques de aprender, desaprender.
Que a crise, compañeiros, sirva para que naza un novo paradigma que nos axude a ser
máis felices e máis ceibes.
VIVA A CRISE!
VIVA A FILOSOFÍA INDRÚVIDA!NOhttps://www.blogger.com/profile/11272451998149898494noreply@blogger.com